Pagina en Castellano Páxina en Galego Page in English Deutsch
AXENA
Asociación Xuvenil para o Estudio da Natureza
Contacto | Aviso legal

Ó carón da lareira

Ó carón da lareira era onde se transmitían, ata hai poucos anos, as experiencias da xente nas tardes e nas longas noites de inverno. Somos moi conscientes de que a comunicación oral é unha das grandes fontes de coñecemento da natureza, aportando datos coma localizacións, costumes, reclamos, experiencias persoais... que poden valer o seu peso en ouro para o coñecemento e a conservación.

Así, este é un espazo para a queda conversa de amigos nunha noite ó carón da lareira. Animádevos a compartir as vosas experiencias connosco! As vosas dúbidas, reflexións e vivencias son ben recibidas! E coidado, non vos acerquedes moito á lareira, que se non ó saír fóra pódevos coller o frío!


Tedes varias opcións para a conversa. Arriba á dereita tedes o noso email en "contacto". A "Caixa de suxerencias" está na sección de "Utilidades". E, por suposto, podedes deixar un comentario no blog.

 

©2006 - AXENA