Pagina en Castellano Páxina en Galego Page in English Deutsch
AXENA
Asociación Xuvenil para o Estudio da Natureza
Contacto | Aviso legal

Goyito (Pipistrellus pipistrellus, morcego común)

Goyito é un morcego que foi rescatado por Xurxo cando estaba a piques de morrer (o morcego, Xurxo está ben).


Tra-lo periodo de recuperación Goyito foi posto en liberdade, pero antes de botar a voar, agasallounos con algunhas imaxes interesantes.

 
Vídeo 1: Buscando altura
Descarga Vídeo Goyito 1
(tamén podes descargar unha versión en baixa calidade)

Os morcegos non poden iniciar o voo desde o chan como poden facer os paxaros. Por iso liberamos a Goyito nunha árbore, un lugar elevado.

 
Vídeo 2: Ecolocalizando obstáculos
Descarga Vídeo Goyito 2
(tamén podes descargar unha versión en baixa calidade)

Ó achegarnos a Goyito, puidemos apreciar como usou o seu sistema de ecolocalización para "ver" onde estabamos. Ese sistema baséase no uso de ultrasons para detecta-la distancia á que se atopan os obxectos, dun modo moi similar ó do sonar.


Vídeo 3: Saltando
Descarga Vídeo Goyito 3
(tamén podes descargar unha versión en baixa calidade)

Unha vez se sentíu seguro, Goyito preparouse para saltar e comezar a voar. Pódese apreciar como intres antes de saltar volve usa-la ecolocalización.

©2006 - AXENA