Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
Panchita (Buteo buteo, miñato común) Panchita foi un dos primeiros obxectivos da nosa observación e tamén un dos máis difíciles de gravar. É un polo de miñato (Buteo buteo) duns trinta e poucos días, nun niño encaramado no alto dun piñeiro duns 15 metros de altura. Os polos de miñato permanecen no niño ata uns corenta días. Panchita, na seguinte semana, saltou do niño e comenzou a súa vida no mundo exterior. A calidade das imaxes é moi mala debido entre outras cousas, á que o sol pegaba de cheo no noso transmisor, e provocou que a frecuencia de emisión variara impidindo obter unha boa recepción.
No primeiro “microdoc” vese a Panchita nas primeiras horas da mañá, espertando e aproveitando para desparasitarse en diferentes partes do corpo, aí onde lle pica de vez en cando… Pouco a pouco, aínda media dormida, vaise estirando, primeiro as ás, despois as patas, ata que se decide levantar. Aproveita para seguir desparasitándose, mira ó seu redor, e finalmente segue coa súa rutina matutina e bota como un chorro a propulsión as heces (uf, salvámonos polos pelos).
Espertando
No segundo “microdoc” vense unhas imaxes espectaculares, de como un dos país tráelle un adulto de lagarto arnal Lacerta lepida, que probablemente saíra a quentarse ó soliño da mañá. Ós miñatos, que sábenas todas, nas primeiras horas do día, encántalles sobrevoar os outeiros de pedras porque saben que sempre poden atrapar algún reptil que estea a asolearse.
Neste “microdoc” vese unha escena que tamén gardaremos na nosa retina para sempre. Diante dos nosos ollos un dos pais tráelle unha puntiña dunha ponla de piñeiro. Déixaa diante nosa, e ponse a peteirar os restos que quedan do lagarto (normal que teñan fame, non paraban de cazar en todo o día para levarlle comida a Panchita). Panchita mira a rama, e non lle gusta como está posta. Así que nin corta nin preguiceira, vai por ela, petéiraa para movela e acabar poñéndoa do xeito que ten que estar unha ponliña de piñeiro nun niño de miñato. Parece coma se o pai a trouxera para deixala descolocada, e ensinar a Panchita a que a puxera no seu sitio. Quizais sexa esta unha forma das rapaces de ensinarlles a facer un niño ás súas crías? |