Pagina en Castellano Páxina en Galego Page in English Deutsch
AXENA
Asociación Xuvenil para o Estudio da Natureza
Contacto | Aviso legal

Tralos incendios desoladores que cada ano por diversas causas (99,9% intencionadas) destrúen o noso patrimonio natural, unha nova preocupación de gran importancia xorde ante nós: a desertización.


         Ben, recapitulemos antes de nada, defínese a groso modo deserto como unha zona onde hai escasísimas precipitacións anuais. O que non quere dicir que non sexa unha zona fértil, senón quizais todo o contrario, xa que temos luz, solo e con auga conseguínse elevadas produccións agrícolas coma nos Monegros (Aragón), a horta murciana, Israel... grandes zonas productoras de hortalizas, frutas etc.

            Unha zona desertificada  é típicamente estéril por diversas razóns, unha delas pode ser a perda do solo. O solo é a capa máis externa da Terra, formado lentamente durante miles de anos e sirve de sostén e fonte de recursos á cobertura vexetal. A perda deste elemento é irreversible, e os montes quedan espidos para sempre.

            Habitualmente en agosto e setembro, as néboas e a piolla enchen de humidade tódolos rincóns, que tra-los incendios favorecen a xerminación das sementes. Pero este ano non,  empeza a chover mal e arrastro! (nunca millor dito), o monte ardido está desprotexido contra a acción das fortes choivas, provocando riadas que arrastran todo o solo, conseguíndose un desastre ecolóxico de consecuencias irreversibles. A cor escura dos ríos e regatos dannos unha idea clara do que está a acontecer, así coma o desastre polas inundacións de Cee...

 

Tralos incendios a sucesión ecolóxica de especies vexetais é algo tal que así:

1º- Diferentes tipos de herbas e fentos

2º- Arbustos coma carrouchas, toxos e xestas.

3º- Árbores
 

            Así as primeiras especies en aparecer van preparando o terreo para as seguintes, e así sucesivamente ata recuperar o ecosistema inicial. Aínda estamos a tempo de procurar reducir os danos.

 

Aquí describimos un método que calqueira pode facelo sen necesidade de maquinaria ou moito tempo, ademáis de barato, para protexer os nosos montes.

 

1º- Imos ata un almacén ou tenda que se dedique a agricultura, ó penso para o gando...

E alí pedimos un saco dalgunha gramínea coma trigo, cebada, avea... a que máis barata nos sala. Nós compramos un saco de avea de 30 kilos por 10 euros. Comparámolo co que vale o césped para o xardín e a diferencia resulta incrible.

 

2º- Poñémonos as botas e levámolo saco ata a finca destino. O chan do monte está empapado polas últimas choivas. Cargar cun saco de 30 kilos polo monte non é moi descansando que digamos, así que colocámolo nun lugar estratéxico, e repartímos as sementes en bolsas mais manexables para ir sementando.

 
3º- Comezamos a sementar cas mans espallando sen medo as sementes. A densidade de semente depende da pendente do terreo. Evidentemente, en terreos con moita pendente hai que botar máis sementes para que sosteñan máis o solo. Coma exemplo, un saco de 30 kilos da perfectamente para sementar 2.000 metros de terreo.
 
 
4º- O millor sería volteala terra para enterrar un pouco a semente. Pero iso dependendo do terreo pode ser moito traballo, non nos preocupemos, as raíces das sementes buscan rapidamente cravarse na terra, e prácticamente non necesitan solo. Cousa que as fai perfectas para calqueira tipo de terreo.
 

5º- E agora só queda esperar. Coa humidade que hai no monte en poucos días veremos o resultado do noso traballo. Xa temos cuberto o noso terreo, evitámola perda do chan, e favorecémola  sucesión ecolóxica preparando o terreo para especies de maior porte.

 

6º-Por último unha reflexión: Os cumios e serras dos montes que agora vemos, a toxeira e xestas, eucaliptos e piñeiros, antes eran as zonas mais pobres onde só se podían cultivar o trigo e demais cereais! Qué dirían os nosos bisavós cando eles sementaban o trigo nas zonas máis ermas dos montes para sacarlles algún proveito, e agora nós plantámolo para ver se somos capaces de deixarlle algo ós nosos netos!

 

            Ben, de momento isto é o máis importante xa temos o noso chan cuberto. Deste xeito evitarémolo perda do noso chan reducindo as posibilidades de desertificación. Ademais este manto protector de vexetación, actúa coma esponxa retendo a auga da choiva, reducíndo a escorrentía e polo tanto tamén as inundacións. 

Noticias interesantes sobre o tema:

www.lavozdegalicia.es  no buscavoz, poñede palabras clave coma inundaciones, marisqueo e ceniza... aparecerá todo o que ocorreu estes últimos días.
 
Recoméndase:
 

Un manual de sementeira moi útil, producido pola Oficina de Medioambiente da Universidade de Vigo

 
 

Así que agora a recoller landras, castañas e demais sementes de árbores que boa falta nos farán!!

 

Estade atentos de aquí ó inverno, colgaremos máis información e técnicas para restaurar o noso ecosistema forestal o máis rápido, eficaz e barato posible que se poida (xa sabedes que polas nosas circunstancias somos moi aproveitadiños!).

©2006 - AXENA