Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
Os azores de Lesón: Os tres tenores: Plácido, María Callas e a Caballet! Aínda que grazas a deus, xa non é unha práctica tan habitual coma fai uns anos, aínda se seguen sucedendo expolios nos niños de aves rapaces. Sobretodo, azores e falcóns peregrinos, por ser estas aves moi preciadas na cetrería. No Barbanza o roubo de rapaces é moito máis común do que se pensa, en concreto entre os municipios de Boiro, Pobra do Caramiñal e Ribeira, o bo observador pode ver moitas árbores que teñen ou tiveron niños de rapaces con puntóns de ferro cravados para poder rubir por elas. Esta parella de azores da zona de Lesón é xa dende moito tempo asaltada por desalmados (por chamarlles algo educadamente). A partir da terceira ou cuarta semana de cría obran a súa fechoría. Sen embargo, os esforzos de diferentes persoas concienciadas para evitalo non deron resultados permanentes. E o suceso segue a ocorrer. Nos dous últimos anos o niño que nós vixiabamos foi asaltado, levándose unha soa cría cada ano. Esta é unha acción típica dos ladróns de niños para que as rapaces non abandoen ese lugar (se sacan por exemplo tres de catro crías danse por satisfeitas) e volven a criar no mesmo sitio o próximo ano. E así os ladróns non teñen que buscar outro niño noutro lugar. Neste microdoc vense as tres crías que quedaron unha semana despois do asalto. Dúas femias e un inquedo macho. As femias están de pé no centro do niño que se atopa nun piñeiro non moi alto. O macho pola contra, xa se atreveu a saltar as ponlas proximas ó niño do piñeiro. Vese claramente que aínda lle quedan restos de plumón pola cabeza e o peito (plumiñas brancas). Máis tarde pegou outro salto, pero non se dou conta que a ponliña era demasiado delgada para que se sostivera comodamente coas súas enormes gadoupas. Os azores coma bos ornitófagos (aliméntase principalmente de paxariños e pombas) teñen unhas gadoupas moi grandes para non faiar na caza en pleno voo. Así que o coitadiño estivo facendo de equilibrista nunca ponliña de piñeiro. Axudándose da cola intenta equilibrarse, dende logo poder ter contemplado (e gravado) esa escea foi unha marabilla. O roubo de aves de rapaces está na actualidade gravemente penado polas leis 4/89 e 9/01 para a protección da fauna salvaxe. Calqueira observación dun suceso deste tipo debe ser denunciado ante o servicio de protección do medioambiente da Garda Civil (SEPRONA). Ah! Por último: o título! Chamámoslles os tres tenores porque nunca viramos uns poliños de azor tan caladiños coma estes, non lles escoitamos decir nin chío e pasamos moitas horas no "hyde" ó axexo. Por certo, moitas grazas a In.verno por deixarnos utilizar a súa música, que é de libre acceso para todo aquel que queira en www.in-verno.com. |