Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
A XINETA INDISCRETA
Paseniño, paseniño, pola noite as xinetas Genetta genetta móvense á procura de alimento. Levantan a cabeza e medio corpo para escoitar millor e arrecender os cheiros que lles trae o vento. Algo senteu. Aprétanse contra o chan, e moi pouquiño a pouco comeza a arrimarse á súa presa. Dende a espesura fai unha serie de saltos e alcanza á súa presa sen que practicamente se entere. Normalmente aliméntase de ratos e ratas, aínda que tamén pode capturar algún que outro paxariño. Ten uns grandes ollos que lle permiten ver millor na escuridade e as súas orellas son grandes e móbiles permitíndose movelas independientemente para afinar de onde lle ven o ruído. A súa pelaxe é dunha cor gris amarillenta, con puntos escuros aquí e alí, favorecendo a súa capacidade de camuflaxe. A súa cola é moi longa, con 8-10 anillos escuros que lle vale para equilibrarse nas súas acrobacias.
As xinetas pertencen a un antigo grupo dos mamíferos: os vivérridos. As xinetas teñen o seu orixe no norte de África, normalmente ligadas a hábitats de influencia mediterránea. Cóntase que chegaron á península de mán dos exércitos árabes que utilizánbannas nos seus campamentos para que cazaran as ratas e ratos, coma se foran agora os gatos domésticos. Deste xeito asilvestráronse, e comezaron a espallarse pola península con gran éxito.
Preto da casa duns amigos, nun vello galpón asentouse unha femia de xineta. Así que esta é a nosa de poder observar a este escorregadizo e discreto animal. Estivemos varios días, poñendo as nosas microcámaras por onde viramos que pasaba a miúdo. Pero cando non eran unhas, eran outras, e non a dabamos collido. Ata que xa o final, cando xa estabamos case sen baterías (qué raro que apareza xusto nese momento), esta é a razón pola que se ve tan escuro, aclarade a pantalla por favor para poder distinguilas. Deleitounos cuns pases por diante das microcámaras.
Pode ser necesario aclarar a imaxe.
Outro día démonos conta, que esta xineta tiña costumes moi humanas, e segundo o que nos dicia a xente daquela casa, moitas veces víanna antes de que se fixera de noite. Ibamola intentar grabar á tardiña dende un vello cuarto de baño que hai fóra da casa. Pero esta historia contarémola máis adiante. |