Quen somosBlogActividades de Educación AmbientalTecnoloxíaNaturezaDocumentaisMicrodocumentaisArtigos de opiniónColaboradoresEnlaces de interésFondos de escritorioZona privadaUtilidadesNovidades |
As catedrais do silencio (2007)A nosa asociación ten o placer de publicar o seu novo documental, fruto da campaña deste ano adicada ós "Ecosistemas Esquecidos".Nel mostraremos o interior de diferentes minas da comarca do Barbanza, sobretodo as Minas de Lampón en Boiro. Nestas minas que foron explotadas para a obtención de Wolframio para armamento (sobretodo durante a II Guerra Mundial), actualmente encontramos un medio que, aínda que aparentemente inerte, é dunha gran riqueza como veremos ó longo do documental.
Esperamos que disfrutedes tanto como o fixemos nós na realización do documental. Para elo utilizouse dúas minidv, unha microcámara de infravermellos, un foco dun coche coa súa batería e un portátil. Non deixedes de visitar a informacion complementaria sobre as minas e a amenaza que pesa sobre elas debido ás obras da ampliación da Vía Rápida do Barbanza na sección novidades desta paxina web ou pinchando no seguinte icono. En breve, colgaremos un formulario de denuncia e solicitude de protección das minas de Lampón ás autoridades competentes.
A conta de correo á que podedes mandarnos ás vosas críticas e comentarios é info2006@axena.org. Desculpade as molestias a conta anterior estivo dandonos moitos problemas. Se mandaste o teu comentario a aquela conta, por favor envíanolo de novo a esta. En marcha por un desafío (2006)Dende AXENA temos o gusto de presentarvos o noso primeiro pequeno "gran" documental. O video ainda que cortiño (uns 13 minutos de duración) é froito de moitos anos de darlle voltas a cabeza, moitas horas sen durmir, moito frio, moita choiva ... e tamén como non podía ser doutra forma... de moita ledicia de ver o resultado final. Dende AXENA esperamos que este sexa o primeiro de moitos máis, e tamén esperamos que vos guste e desfrutedes con él tanto como nos desfrutamos facéndoo. Gracias pola vosa atención |